Almazara da man da moura
A Almazara da Man da Moura está en Barcia, no Concello de Melón (Ourense), no que era unha bodega tradicional, adaptada e reconvertida nunha moderna almazara para a elaboración de aceite de oliva artesanal.
Esta almazara de aspecto tradicional foi proxectada para conseguir un muiño de aceite adaptado ós novos tempos, conservando o encanto de sempre. Como resultado, vas atopar unha almazara que permite o emprego das técnicas máis modernas para a elaboración dun aceite de oliva de gran calidade.
O nome da Almazara da man da Moura ven da lenda que conta que unha moura cargou ata alí a pena que está fronte á almazara, para despois refuxiarse nunha cova, coñecida A cova da man da moura.
A comarca do Ribeiro é unha das zonas de Galicia máis destacadas na produción de aceite de oliva e esta é hoxe unha das súas almazaras máis representativas, na que a tradición e a modernidade se dan a man para saca-lo máximo partido ó excepcional froito da terra.
Dende a Almazara da man da moura ofrécenche tamén a posibilidade de visitar as súas instalacións, tanto a almazara coma as colmeas de abellas, para o que terás que organiza-la visita con certa antelación.