As Ermitas
No fermoso val das Ermitas, en Terras do Bolo, sobreviven algunhas das oliveiras centenarias máis valiosas de Galicia. Auténticos monumentos naturais grazas ós que se elabora aquí dende sempre un dos mellores aceites de oliva do país.
Oliveiras autóctonas, das variedades Brava e Mansa galegas, poboan as escarpadas ladeiras do canón do Bibei dende tempos remotos, garantindo un aceite de oliva de calidade suprema.
En As Ermitas chegou a haber en funcionamento ata tres muíños de aceite, dedicados á produción para o autoconsumo dos seus habitantes e para o abastecemento de aceite de oliva do que era o Santuario Mariano máis importante de Galicia.
Un deses vellos muíños de aceite foi cedido polo Bispado de Astorga ó Concello do Bolo para seren restaurado recentemente con fondos públicos. Agárdase que proximamente estea aberto para que os visitantes poidan coñecer de primeira man como se elaboraba tradicionalmente o aceite de oliva de As Ermitas.
O cultivo da aceituna no val das Ermitas é unha versión da agricultura heroica propia das agrestes ribeiras do Bibei. Aceite procedente dunha aceituna da mellor calidade, das variedades autóctonas Brava e Mansa galegas, cultivada de xeito ecolóxico, sostible e respectuoso co marabilloso entorno de As Ermitas.