AOVE MON
O aceite de oliva virxe extra Mon, da Almazara da man da moura, é un produto de calidade superior, elaborado a partires de aceitunas procedente da comarca de O Ribeiro, o que o convirte en algo moi exclusivo.
Na Almazara da man da moura séguese un proceso de elaboración do AOVE totalmente artesanal, dende a recolección da aceituna ata a súa extracción en frío, con decantación natural sen filtrado posterior.
As aceitunas cóllense a man das súas oliveiras na zona de O Ribeiro, no seu punto óptimo de maduración, es transpórtanse á almazara, en Barcia, Concello de Melón (Ourense), no que foi unha fermosa bodega de pedra e que hoxe foi reformada coma unha moderna almazara para a elaboración de aceite de oliva ó xeito artesanal.
Na elaboración do AOVE MON da Almazara da man da moura cóidase ata o máis nimio detalle. A temperatura do aceite mídese constantemente para que nunca supere os 25ºC y empréganse unicamente procedementos mecánicos para o premido da aceituna.
O AOVE MON de Almazara da man da moura é un aceite de oliva virxe extra Premium, herdeiro da grande tradición da zona de O Ribeiro.