O proceso de elaboración para obter un aceite de oliva de calidade suprema require seguir varios pasos que garantan a máxima calidade.
A recolleita da aceituna debe facerse no momento óptimo, cando todavía estea verde e colléndoa directamente dende a árbore.
O tempo que pasa dende a recolleita da aceituna ata a extracción do aceite é outro punto importante se se quere obter un aceite da máxima calidade. O ideal é moe-la aceituna no mesmo día da recolleita.
A extracción
As modernas técnicas de extracción do aceite de oliva conseguen un prensado da aceituna con moi pouca presenza de osíxeno, o que contribúe a reduci-los niveis de acidez no produto final.
Para obter aceite de oliva de calidade Premium, a extracción do aceite ten que realizarse en frío e co emprego de procedementos mecánicos unicamente.
O rendemento da aceituna depende da variedade, da zona, do tipo de plantación das oliveiras e de outros factores coma o momento da recolleita. O normal e obter un litro de aceite de entre 6 e 10 quilos de aceituna.
O coidado das oliveiras
A poda das oliveiras é esencial para acadar unha produción estable e unha aceituna dunha calidade e un tamaño que permitan elaborar un aceite de oliva superior.
Nos zonas máis cálidas do noso país tamén é aconsellable a rega das oliveiras nos meses de verán. De xeito puntual nos meses de xullo e agosto e, dependendo do ano, tamén no mes de setembro.
Así, para obteren un aceite de oliva virxe extra de calidade suprema coma o que se produce cada ano en Galicia, é preciso un coidado minucioso do produto e a extracción mediante técnicas que permitan manter intactas tódalas súas propiedades naturais.