Tralas investigacións do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), encolaboración coas Universidades galegas, lográronse catalogar dúas variedades de aceituna autóctona, a Brava e a Mansa, coas que xa se pode elaborar aceite de oliva a partires de variedades de aceituna 100% galegas.
Estas oliveiras autóctonas están singularmente adaptadas ó clima de Galicia e producen unha aceituna con unhas cualidades excepcionais no se punto óptimo de madurez.
Ata o dagora, o único xeito de obter oliveiras autóctonas galegas para a súa prantación era a través da multiplicación de plantóns elaborados a partires de estaquillas semileñosas procedentes das oliveiras existentes.
Hoxe, estas oliveiras propias de Galicia pódense adquirir nos dous viveiros que contan polo momento coa licenza para producir e comercializar oliveiras autóctonas das variedades Brava e Mansa galegas.
Estes viveiros recibiron unha concesión por tres anos que se irá renovando para que se poidan explotar comercialmente a producciòn de aceite autóctono de Galicia. Deste xeito os olivareiros galegos poderán ampliar a súas plantacións de oliveira propia do país catalogada polo CSIC.
Viveiro A Revolta
Enderezo | Lugar A Mosca, 7A, Sta Mª de Vigo, Cambre (A Coruña) |
Teléfono | 619 087 864 |
arevoltaviveiro@gmail.com |
Viveiro Costa de Lóngaras
Enderezo | LU-113, Km. 2, 27730 Abadín (Lugo) |
Teléfono | 610 739 455 |
vivercosta@gmail.com |
Dende os viveiros destácase que estas variedades de oliveira comezan a producir un rendemento significativo a partires do quinto ano trala prantación e que ós dez nos xa entran nunha fase de rendemento preno.
Pese a que polo dagora só están dispoñibles estas dúas variedades de oliveira, o CSIC sinala que en Galicia hai ata 19 variedades de aceituna autóctona e que nos próximos anos se irán catalogando.
Con esta iniciativa agárdase unha recuperación das oliveiras autóctonas de Galicia das variedades Brava e Mansa galegas, para converter a produción de aceite de oliva 100% galego nunha alternativa económicamente rentable para o noso rural.