A Estrada
A Estrada estase a converter nun dos lugares de referencia para a produción de aceite de oliva en Galicia.
O clima da comarca de Tabeirós é óptimo para o plantación de oliveiras, o que animou a novos produtores locais a sumarse ó cultivo da aceituna, acadando resultados incribles.
Dende hai uns anos véñense plantando decenas de miles de oliveiras, grazas a un proxecto de recuperación da elaboración de aceite de oliva, promovido dende a administración estradense.
Na actualidade atopamos varios aceites de oliva virxe extra de calidade Premium no mercado producidos integramente con aceituna de A Estrada. Adicionalmente, outros produtores elaboran AOVE de grande calidade para o consumo doméstico.
O aceite de oliva da Estrada nace ó abeiro dun clima fresco e húmido, o que indubidablemente se transmite ó seu extraordinario produto.
Ante o éxito colleitado polas marcas xa establecidas, é moi probable que nos próximos anos se continúe ampliando a superficie dedicada ás oliveiras no territorio de A Estrada.