AOVE Rego Arbequina
O aceite de oliva virxe extra Rego Arbequina é un produto suave, cheo de matices, moi aromático e afroitado, cunha entrada en boca lixeiramente doce e toques de mazá e plátano.
Con unha alta porcentaxe en ácido oleico, o AOVE Rego Arbequina é un complemento perfecto para unha dieta saudable.
Como os demais aceites de oliva virxe extra de Pazo do Rego, o AOVE Rego Arbequina elabórase a través do prensado en frío, na súa propia almazara, a partires de aceitunas recollidas a man nas primeiras datas de cada colleita.
O Rego Arbequina é un aceite de oliva elaborado ó 100% con aceitunas de Galicia, con unha produción limitada que asegura a súa máxima calidade converténdoo nun produto exclusivo e único.
Se buscas un AOVE de gran calidade pero que guste a todo o mundo, o Rego Arbequina non te vai defraudar. Un aceite de oliva virxe extra para desfrutar de aroma puro a oliveira.