En Galicia hai ata 19 variedades de aceituna autóctona, segundo as pesquisas do CSIC en colaboración con varias universidades.
Estes estudos indican que as oliveiras propias de Galicia están especialmente adaptadas ó clima do país e que ofrecen un froito que no se punto óptimo acada unhas calidades excepcionais.
Polo momento os investigadores do CSIC so teñen catalogadas dúas variedades de aceituna autóctona, a Brava e Mansa, o que abre a posibilidade da creación dunha denominación de orixe que certifique a elaboración de aceite con estas variedades de aceituna 100% galegas.
Brava galega
Morfoloxía da folla
| Forma | Moderadamente elongada |
| Anchura | Estreita |
| Curvatura lonxitudinal do limbo | Plana |
Morfoloxía da drupa
| Peso | Medio |
| Forma (A) | Moderadamente elongada |
| Grado de simetría (A) | Simétrico-lixeiramente asimétrico |
| Diámetro transversal máximo (B) | Centrado |
| Ápice (A) | Redondeado |
| Base (A) | Truncada |
| Pezón | Ausente |
| Presencia de lenticelas | Abundantes |
| Tamaño de lenticelas | Pequenas |
| Cor de maduración | Negro |
Morfoloxía do endocarpo
| Peso | Medio-elevado |
| Forma (A) | Moderadamente elongada |
| Grado de simetría (A) | Lixeiramente asimétrico |
| Grado de simetría (B) | Simétrico |
| Diámetro transversal máximo (B) | Centrado |
| Forma do ápice (A) | Apuntado |
| Forma da base (A) | Redondeada |
| Rugosidade da superficie | Media |
| Número de surcos | Medio |
| Distribución de surcos | Regular |
| Mucrón | Presente |
Mansa galega
Morfoloxía da folla
| Forma | Moderadamente elongada |
| Anchura | Media |
| Curvatura lonxitudinal do limbo | Plana |
Morfoloxía da drupa
| Peso | Medio |
| Forma (A) | Moderadamente elongada |
| Grado de simetría (A) | Lixeiramente asimétrico |
| Diámetro transversal máximo (B) | Centrado |
| Ápice (A) | Redondeado |
| Base (A) | Truncada |
| Pezón | Ausente |
| Color de maduración | Negro |
Morfoloxía do endocarpo
| Peso | Moi baixo |
| Forma (A) | Moderadamente elongada |
| Grado de simetría (A) | Lixeiramente asimétrico |
| Grado de simetría (B) | Simétrico |
| Diámetro transversal máximo (B) | Centrado |
| Forma do ápice (A) | Redondeado |
| Forma da base (A) | Obtusa-redondeada |
| Rugosidade da superficie | Feble |
| Número de surcos | Baixo-medio |
| Distribución de surcos | Uniforme |
| Mucrón | Ausente |
Fonte: CSIC
Novas plantacións de Brava e Mansa galegas
As plantas das variedades de oliveira autóctona Brava e Mansa pódense obter nalgúns viveiros de Galicia, que contan coa licenza para a súa comercialización.
Unha vez plantada, a oliveira de Brava e Mansa comeza a producir aceituna a partires do quinto ano e entra no pleno rendemento dende o décimo.