Quiroga (Lugo)
AOVE Aceiroga
250 ml
O AOVE Aceiroga é un aceite de oliva virxe extra elaborado exclusivamente a partires de aceituna de Galicia, fundamentalmente das variedades autóctonas Brava e Mansa galegas e en menor medida da variedade picual.
Un produto vencellado á terra, que nace das oliveiras de Aceiroga nos vales de Quiroga, no sur da provincia de Lugo, rodeado das paisaxes máis espectaculares de todo o país, a carón do río Sil.
Trátase dun produto cunha orixe garantida, etiquetado como Aceite de Quiroga, AOVE de procedencia galega da máxima calidade.
O aceite de Aceiroga é aromático, de cor verdosa, con toques a améndoa e froitas. A extracción realízase en frío coa aceituna recollida a man para obter un aceite de calidade Premium.