AOVE Rego Coupage
O aceite de oliva virxe extra Rego Coupage é un produto afroitado, cun punto doce e rico en aromas, resultado dunha mestura perfecta, obra dos metres aceiteiros de Pazo do Rego.
Coma os outros aceites de oliva virxe extra de Pazo do Rego, o AOVE Rego Coupage extráese mediante o prensado en frío dende aceitunas recollidas a man ó principio da colleita nas súas oliveiras das comarcas de Ourense e O Ribeiro.
Un AOVE elaborado exclusivamente con aceitunas de Galicia, na súa propia almazara, a partires dunha selección das variedades arbequina, picual e cobrancosa, que dan lugar a un aceite da máxima calidade.
Ademais, o AOVE Rego Coupage, grazas ó seu alto contido en ácido oleico, contribúe a mellorar os niveis de colesterol en sangue e prevén enfermidades cardiovasculares.
Se buscas un AOVE de gran calidade, cheo de matices, pero apto para tódolos padais, proba o Rego Coupage.