Valdeorras
Na comarca ourensana de Valdeorras, nas ribeiras dos ríos Sil, Xares e Bibei, colléitanse algúns dos mellores viños do mundo. Nos últimos anos foise introducindo un novo cultivo, o da aceituna, que xa a ten convertido nunha das principáis zonas produtoras de Galicia.
O tempo de Valdeorras é ideal para a aceituna, que supón un complemento perfecto para os cultivos tradicionáis da zona, fundamentalmente o da vide.
Os produtores de aceite de oliva da comarca de Valdeorras caracterízanse por explotacións de pequeno tamaño nas que a aceituna se trata con agarimo, para a produción dun aceite de calidade premium.
Se visitas Valdeorras, non perdas o seu espectacular Santuario das Ermitas, unha das xoias arquitectónicas do barroco galego e un dos meirandes centros de peregrinación de todo o noroeste peninsular.
Son famosas a súas rutas das covas, nas que vas coñecer curiosas bodegas excavadas na rocha, que se seguen empregando para conservar o viño nos cálidos veráns desta zona do oriente ourensán.
Se che interesa a historia, aquí poderás coñecer a Vía Nova, que construiron os romanos no século I e que se simboliza na súa emblemática Ponte Bibei, a ponte romana mellor conservada de Galicia.
Na comarca de Valdeorras probarás viños excepcionáis xunto con algúns dos mellores aceites de oliva de Galicia, ademáis de coñecer lugares excepcionáis da nosa xeografía.