Quiroga
No sur da provincia de Lugo, na Ribeira Sacra, é unha das zonas de Galicia cunha maior tradición na produción de aceite de oliva en todo o país. Aquí atópanse algunhas das oliveiras centenarias que se conservan en Galicia e o cultivo da aceituna na ribeira do Sil remóntase ó tempo dos romanos.
O clima de Quiroga e o seu entorno é óptimo para a produción de aceituna, con variedades autóctonas coma a Brava e a Mansa galegas, recentemente catalogadas polo CSIC e que amosan a tradición olivareira da zona.
No arredores de Quiroga existen varios muíños de aceite tradicionais e outros que empregan técnicas máis modernas, nos que se producen na actualidades preto de 40.000 litros de aceite de oliva cada ano.
Aproximadamente a metade desa produción se destina ó mercado, mentres que o resto se dedica ó autoconsumo. Os produtores de aceite de oliva de Quiroga buscan un produto da máxima calidade, cos matices propios da aceituna da zona.
Recentemente creouse a Asociación de Amigos dos Aceites de Quiroga e Gallaecia (AMIAQUIGAL) para promove-la posta en valor do aceite de oliva de Quiroga e a recuperación de algúns dos muíños de aceite tradicionais que se conservan na zona.
Paralelamente a estas iniciativas promoveuse a creación dunha certificación de orixe para o aceite de Quiroga, que garanta a procedencia e a o modo de elaboración do seu produto único.
Por outro banda, un estudo da Universidade de Córdoba sinalou que o aceite de Quiroga acada os contidos en polifenois necesarios para engadir un selo de alimento biosaudable.
Nas análises que se teñen feito no aceite de oliva procedente de Quiroga acháronse os seguintes polifenois:
Hidroxitirosol: con propiedades antioxidantes naturais, trátase dun polifenois presente nos aceites de oliva de categoría superior. O aceite de oliva de Quiroga presenta este elemento en altas cantidades, o que é extraordinariamente pouco común.
Oleocantal: con propiedades antiinflamatorias, aparece no aceite de oliva de Quiroga analizado en cantidades moi elevadas, algo que só acontece en aceites de categoría Premium.
Oleuropeína: elemento que realza as propiedades antioxidantes do hidroxitirosol, tamén se atopou nas mostras analizadas do aceite de oliva de Quiroga.
Luteolina: con propiedades antioxidantes, atopouse nos aceites de oliva de Quiroga en cantidades excepcionalmente altas.