Aceites Abril
Aceites Abril foi un dos produtores de aceite de oliva en Galicia que primeiro se decataron das enormes posibilidades da colleita da aceituna no noso rural.
A empresa fundouse en 1962 coa compra dunha almazara en Toledo, dende a que se enviaba o aceite en camións cisterna para o seu envasado no ourensán barrio da Ponte. Alí embotellábase e vendíase en toda Galicia.
Hoxe, Aceites Abril conta cunhas modernas instalacións no polígono de San Cibrao y vende o seu aceite de oliva en máis de 30 países.
Nos últimos anos Abril ven colaborando con centos de pequenos produtores galegos na recuperación das nosas oliveiras e na elaboración dun aceite de oliva 100% producido con aceituna do país.
Aplicando procesos de extracción que garantan a máxima conservación de tódalas súas propiedades naturais, Aceites Abril ten lanzado unha liña de aceite de altísima calidade elaborado exclusivamente con aceitunas de Galicia, o AOVE Colleita Propia, un coupage de gusto afroitado e intenso, con matices de pera, améndoa e plátano.