Almazara da man da moura

Almazara da man da moura produce un aceite de oliva virxe extra de calidade superior na súa propia almazara de Barcia, no Concello de Melón (Ourense).

Nesta moderna almazara danlle saída a varios segmentos de produción, entre os que destaca o aceite MON, elaborado exclusivamente a partires de aceitunas recollidas na comarca de O Ribeiro.

O aceite MON é un produto Premium que continúa unha tradición centenaria, o do aceite de oliva de O Ribeiro. Debido ós seus estritos parámetros de elaboración, nos que se prima a calidade por riba de todo, os rendementos da aceituna quedan en torno ó 6%, o que o convirte nun produto se cabe máis exclusivo, con unha produción moi limitada.

Almazara da man da moura ofrece unha segunda marca, o AOVE MAR, para o que se empregan aceitunas compradas a outros produtores, pero que se elabora seguindo idénticos criterios de calidade.

Se por algo se caracteriza Almazara da man da moura é pola recuperación de elaboracións tradicionais ó xeito artesanal, nas que se busca a máxima calidade. Seguindo esta consigna, producen o seu propio mel de abella, ideal para aqueles que buscan un produto natural, ecolóxico e sostible, cun sabor e unha textura especial.

Tamén producen xabón de aceite de oliva virxe extra, con unhas excepcionais propiedades para a limpeza e o coidado da pel, que se coñecen dende os fenicios e que Almazara da man da moura quere recuperar.