As Besadas

As Besadas é unha das marcas de aceite de oliva virxe extra que se elabora con aceitunas de A Estrada, unha das zonas produtoras de aceite de Galicia que máis se ten desenvolvido nos últimos anos.

O aceite de oliva virxe extra de As Besadas elabórase con aceituna 100 % estradense colleitada na aldea de O Outeiro, en Callobre.

As oliveiras de As Besadas son de aceituna da variedade arbequina, que medra con unhas características especiais nas particulares condicións climáticas da bisbarra de Tabeirós-Terra de Montes.

A extracción deste fantástico produto faise en frío, de xeito que o resultado sexa un produto de altísima calidade que conserva tódalas súas propiedades naturais.

O AOVE de As Besadas ofrécese con presentacións en 250ml e 500ml e pódese adquirir en diversas tendas gourmet tanto en A Estrada como en outros puntos de Galicia.