Aceites Figueiredo

Aceites Figueiredo leva o nome da aldea de Ribas de Sil, na comarca de Quiroga, onde están as oliveiras que fan posible este aceite de oliva excepcional, elaborado 100% a partires de aceitunas autóctonas, das variedades Brava e Mansa galegas.

O aceite de Figueiredo procede exclusivamente do froito de máis de 1300 oliveiras vellas, a meirande parte delas centenarias, que poboan a comarca de Quiroga dende sempre. A ausencia de cultivo en intensivo é un distintivo de Aceites Figueiredo, que o diferencia da meirande parte dos produtores.

O aceite de Figueiredo comercialízase en dous formatos distintos de 250 ml e 500 ml co nome de Cento X Cento. Tamén ofrecen unhas interesantes esferificacións de aceite de oliva virxe extra, que recordan o concepto innovador de elBulli e Ferrán Adrià.

Ademais, Aceites Figueiredo conta coa súa propia almazara, para a elaboración de aceite de oliva Premium, mediante o prensado en frío da aceituna no seu punto óptimo de maduración.

En Figueiredo tamén se colleitan cereixas ecolóxicas de grande calidade, máis doce e carnosa que as de outras zonas y un dos seus produtos máis recoñecidos ademais do aceite.