Ouro da Chousa

Ouro da Chousa é unha das marcas de aceite de oliva virxe extra elaborado con aceitunas de A Estrada, un AOVE de grande calidade producido con aceitunas da variedade Arbequina, que se adaptaron perfectamente ó clima estradense.

En Galicia, onde cada recuncho ten un nome propio, a finca na que se atopan as oliveiras que fan posible este AOVE supremo, é coñecida como A da Chousa, un topónimo que homenaxea cada botella deste marabilloso produto.

Si queres proba-lo aceite de Ouro da Chousa, poderás atopalo na carnicería de Juan Carlos Mosquera na rúa da Peregrina da Estrada. Onde, ademais da excepcional carne de Tabeirós-Terra de Montes, están á túa disposición todo tipo de produtos gourmet, coma este fantástico AOVE.

A produción do aceite Ouro da Chousa faise na almazara de Cee, onde se seguen os procedementos necesarios para garantir que o aceite conserve tódalas súas propiedades organolépticas.

Nos próximos anos as plantacións de Ouro da Chousa incluirán aceituna das variedades autóctonas de Galicia, a Brava e a Mansa galegas.