AOVE Alma Meiga
O aceite de oliva virxe extra Alma Meiga elabórase exclusivamente con aceitunas das súas oliveiras nas zonas produtoras de Valdeorras e O Ribeiro.
AOVE 100% galego dunha calidade excepcional, que se presenta en formato 250 ml en botella opaca para protexelo da luz e garantir que conserve tódalas súas cualidades organolépticas.
Para a elaboración de Alma Meiga empréganse aceitunas das variedades autóctonas Brava e Mansa galegas e da variedade Arbequina, dando lugar a un coupage fresco e aromático.
O aceite de oliva premium de Alma Meiga pódese obter en puntos de venta especializados en artigos gourmet ou directamente dos seus productores.
Un AOVE excelente que cumpre coas expectativas máis altas no tocante a aroma, corpo e sabor. Un produto galego que se ha converter nun fixo da túa mesa.