AOVE Cento por Cento
Aceite de oliva de calidade premium, elaborado 100% a partires de aceituna galega, das variedades Brava e Mansa, as dúas únicas especies de oliveira autóctona catalogadas polo CSIC.
Nas oliveiras centenarias de Aceites Figueiredo, na zona de Quiroga, a Meca do aceite de oliva galego, medran as aceitunas que fan posible este fantástico produto.
As propiedades organolépticas deste aceite de oliva, convérteno nun produto de carácter altamente saudable con índices fenólicos moi elevados y unha alta cantidade de antioxidantes naturais.
A colleita temperá da aceituna no seu punto óptimo de maduración garante a alta calidade deste aceite de aroma intenso e complexo, que entra en boca cun punto amargo que pronto se transforma nun froitado verde fresco e agradable.
Un AOVE galego da máis alta calidade que te sumirá no pracer dos mellores aceites de oliva.