Aceites Figueiredo (Quiroga)

AOVE Cento por Cento

500 ml

Este aceite de oliva de calidade premium, obtense ó 100% de aceituna das variedades Brava e Mansa galegas, as dúas únicas variedades catalogadas polo CSIC coma aceitunas autóctonas de Galicia.

Aceites Figueiredo está na aldea do mesmo nome na zona produtora de aceite de oliva galego de Quiroga, o territorio de Galicia con máis tradición na elaboración de aceite de oliva.

Trátase dun AOVE con unhas propiedades excepcionáis, un produto saudable con índices fenólicos moi elevados e unha alta cantidade de antioxidantes naturáis, que ademais se elabora de xeito sostible co medio ambiente.

As aceitunas de Brava e Mansa que fan posible o AOVE Cento por Cento colléitanse cedo, no seu punto óptimo de maduración, en prémense en frío a través de procedementos mecánicos exclusivamente, o que asegura que o aceite conserve tódalas súas propiedades naturais.

Un aceite de oliva cun aroma intenso e complexo, que entra en boca cun punto amargo para deixar un gusto afroitado verde fresco e agradable.

Un dos mellores AOVE galegos de calidade premium, que paga a pena probar se eres un amante dos bós aceites de oliva.