AOVE Olivar d'Pegullal Arbequina
Entre os aceites de oliva virxe extra que se producen nas Rías Baixas, Pazo Pegullal obtén un AOVE Premium cun marcado carácter atlántico, o das oliveiras da variedade Arbequina que medran nos terreos do pazo, no concello de Salceda de Caselas.
Este aceite de Olivar de Pegullal elabórase exclusivamente con aceituna da variedade Arbequina, perfectamente adaptada ó clima do pazo e que ten un cheiro fino, cun toque a herba e froitas, máis unha entrada en boca fresca e sutil.
Predominan os recordos froitas a plátano, pera, mazá e pexego, seguido de notas a frores de macela, tomillo e flor cortada.
Un gusto doce e suave en boca, que remata en froitos secos de abelá e améndoa. Toque picante moi lixeiro e equilibrado.
O aceite de oliva virxe extra de Pazo Pegullal é un produto extraordinario. Un zume de oliva arbequina que se extrae na almazara do pazo, mediante a premido en frío da aceituna temperá, dando lugar a un aceite que conserva tódalas súas propiedades naturais.