AOVE Olivar d'Pegullal Picual
Este excepcional aceite de oliva virxe extra da variedade Picual elabórase na propia almazara do Pazo Pegullal, unha impresionante construción o século XVIII que atoparás en Salceda de Caselas, ó sur da provincia de Pontevedra.
Trátase dun AOVE de cheiro intenso e fresco, que entra en boca fluido e suave, cun toque a herba recén cortada moi agradable, sen o picante ou o amargo típico dun Picual.
O clima atlántico do Pazo Pegullal dalle unha personalidade moi especial a un aceite que se extrae a partires de aceituna picual verde recollida a man, con moenda case no momento, grazas a que conta coa súa propia almazara.
Para a elaboración deste aceite de oliva seguen as normas de produción integrada, que garanten que todo o proceso sexa o máis respectuoso posible co medio.