Altos de Torona (O Rosal)
AOVE Olivo de Altos
500 ml
O aceite de oliva virxe extra Olivo de Altos elabórase no Rosal, con aceitunas das variedades picual, arbequina e hojiblanca, recollidas das oliveiras que medran na viña de Altos de Torona (Tomiño).
A recolleita temperá da oliva cando ainda está verde e o prensado en frío aseguran a máxima calidade para este AOVE premium que é toda unha seña de identidade desta bodega, unha das máis importantes das Rías Baixas.
A producción de Olivo de Altos está limitada a uns poucos centos de botellas, polo que se trata dun artigo exclusivo, que poderás obter directamente na propia bodega.
Un aceite de oliva virxe extra fino e delicado, de carácter atlántico, que combina á perfección cos mellores produtos galegos.
Ouro de Quiroga (Quiroga)
Novoa Natura (Ourense)
As Besadas (A Estrada)
Pazo do Rego (Vilamarín)
Pazo do Rego (Vilamarín)
Aceiroga (Quiroga)
Almazara da man da moura (O Ribeiro)