Almazara de Figueiredo
A Almazara de Aceites Figueiredo está na aldea do mesmo nome, no Concello de Ribas de Sil, provincia de Lugo e unha terra de grande tradición aceiteira na que se conservan centenares de oliveiras vellas.
A almazara de Figueiredo traballa unicamente con extracción en frío para garantir que o aceite de oliva virxe extra conserve tódalas súas propiedades naturais. Deste xeito conséguese elaborar un AOVE da máxima calidade, aínda que, como é natural, obtense un menor rendemento. Probando o resultado, non dubides que paga a pena, pois aquí se elabora o Cento X Cento, un dos mellores AOVE de Galicia.
No muíño de aceite de Figueiredo tamén se ofrece o servicio de extracción de aceite de oliva a outros produtores. A aceituna debe estar nunhas condicións fitosanitarias óptimas ou non será posible elaborar o aceite.
Para evitar avarías na maquinaria do muíño, debes ter en conta que a aceituna ha de chegar sen elementos estraños, coma pedras, madeira, etc.