Almazara Mondelo
A Almazara Mondelo, a mesma na que se elabora o excepcional AOVE Aceiroga, está en Bendollo, Concello de Quiroga, na provincia de Lugo, un dos lugares cunha meirande tradición na elaboración de aceite de oliva en Galicia.
A Almazara de Manuel Mondelo emprega un moderno muíño de aceite que realiza o prensado coa mínima presenza de osíxeno, evitando que se produza a oxidación do aceite e acadando unha acidez mínima, en torno ó 0,2 ou 0,4 %.
Do mesmo xeito, na Almazara Mondelo, a extracción realízase en frío, co emprego unicamente de procedementos mecánicos, o que mantén intactas tódalas propiedades naturais do aceite de oliva virxe extra.
Ademais de produciren en exclusiva a marca Aceiroga, Mondelo ofrece a posibilidade de utiliza-lo seu muíño de aceite a outros produtores que queiran empregar a súa propia aceituna e elaborar AOVE da máxima calidade.
Na aldea de Bendollo consta o comercio de aceite de oliva dende hai máis de 300 anos e a Almazara Mondelo, que elabora cada ano o delicioso aceite Aceiroga, recolle a testemuña desa marabillosa tradición.