Granxa Pegullal
No sur da provincia de Pontevedra, no Concello de Salceda de Caselas, atopara-lo Pazo Pegullal, construído en el século XVIII.
O impoñente edificio do pazo está rodeado por unha muralla cunha grande porta de entrada na que figuran os escudos de armas dos Correa, Mendoza, Quirós, Sarmiento e Soutomaior.
Neste magnífico entorno está unha das almazaras de aceite de oliva de Galicia, na que se elabora un AOVE de primeira calidade, con premido en frío e unha tecnoloxía que permite o control dos niveis de acidez durante todo o proceso.
As actividades de explotación agraria que se levan a cabo na Granxa Pegullal contan con tecnoloxías respectuosas co medio, seguindo as normas de produción integrada, que se propón a integración dos recursos e os mecanismos de produción natural.
A almazara da Granxa Pegullal é hoxe un dos referentes na elaboración de aceite de oliva virxe extra de categoría superior no sur de Galicia.