O AOVE Premium
Cando se fala de aceite de oliva Premium, en xeral faise referencia a aqueles aceites de oliva virxe extra da máxima calidade, que se sitúan por riba do resto dos virxe extra, a categoría comercial-legal máis alta para o aceite de oliva.
Sendo certo que as palabras Premium ou Gourmet da a sensación que perderon parte do seu significado a base de tanto usalas, é innegable que a categoría virxe extra engloba unha ampla gama de calidades, incluso dentro das mesmas marcas.
O termo AOVE Premium non ten reflexo en canto a denominación legal, polo que pode ser empregado coma ferramenta de marketing sen que o produto deba responder a unhas calidades determinadas.
AOVE Premium debera ser só aquel aceite de oliva cunhas características moi por riba dos requisitos básicos de calidade que la lexislación esixe para obter a denominación virxe extra.
Un AOVE Premium ten que destacar especialmente polas súas características organolépticas, o que implica unha mellor conservación das súas propiedades naturais e un sabor moito máis delicado, cunha grande cantidade de matices respecto a un aceite que non sexa Premium.
Para obteren un aceite de oliva de tal calidade todo o proceso de elaboración responde a uns patróns moi estrictos. Dende o cultivo á recolección e extracción, nos AOVE Premium nada se deixa á improvisación.
Ademais de seguir uns procesos encamiñados á busca da máxima calidade, para a elaboración deste tipo de aceite de oliva, a aceituna ha de collerse cando aínda está verde, polo que o rendemento será menor. A menor produción, maior exclusividade.
Hai outros factores, que poderiamos denominar estáticos, como a variedade de aceituna ou o clima, que inflúen indubidablemente na calidade do aceite de oliva, polo que dentro dos aceites que poderíamos considerar Premium, imos atopar unha grande diversidade.
Algunhas almazaras punteiras na elaboración de aceite de oliva de vangarda, están comezando a realizar colleitas ultratemperás, nas que o rendemento da aceituna acada escasamente un 10%. Ademais, debido á calor, a oliva cóllese na mañanciña ou mesmo de noite, para premela á unha temperatura axeitada nas primeiras horas do día.
Cada día os aceites Premium teñen unha mellor saída ó mercado, pois hai máis e máis persoas que buscan a máxima calidade nun aceite de oliva. Por iso as marcas veñen incluíndo máis información na etiqueta sobre o modo de produción, coidan máis a presentación e en definitiva veñen mellorando o produto para satisfacer a un público cada vez máis esixente e cun maior coñecemento.
Afortunadamente, en Galicia contamos cunha ampla gama de AOVE Premium dunha grandísima calidade, máis que merecidos portadores de tal denominación.