Como tirar os residuos de aceite correctamente
Se te desfás do aceite usado tirándoo polo fregadeiro debes saber que non é unha boa idea, por varios motivos.
O primeiro é por suposto o dano que se xera no medio ambiente. O aceite usado ten un alto poder contaminante. Calcula que cun litro de aceite usado de cociña podes contaminar máis de 40.000 litros de auga.
Ademais, estarás a crear unha barreira que impide o paso de osíxeno, o que asfixia ós seres vivos.
Por outra banda, tirando aceite polo fregadeiro podes provocar avarias no sistema de desaugue da túa casa e nos colectores xerais, pola acumulación de bolas de graxa que forman importantes atascos nas caneiras.
Tampouco é unha opción responsable que o introduzas nun recipiente e o tires ó lixo cos outros restos orgánicos da túa casa, pois o aceite acabará por ciscarse no vertedoiro, contaminando dun xeito semellante.
Porén, ante os problemas que poderías xerar no medio ambiente e o alto custo que supón a depuración das augas residuais para as Administracións Públicas, non deberas tira-lo aceite usado polo fregadeiro.
A opción responsable é levalo a un punto limpo. Deixa que o aceite se arrefríe, vai introducíndoo nun recipiente e cando se encha, lévao a un punto limpo ou contedor especial para aceite máis próximo.
De tódolos xeitos, o mellor é que consumas todo o aceite de oliva que merques. Cando cociñes, non te pases coas cantidades e recorda reutilizar o aceite de oliva que che sobre. ¡É un produto demasiado bo para non aproveitalo!