Novoa Natura

Novoa Natura é unha empresa familiar que elabora un aceite de oliva virxe extra a partires das aceitunas das súas oliveiras en San Mamede de Palmés, na provincia de Ourense.

O AVOE de Novoa Natura é un aceite de autor de calidade excepcional, elaborado a partires de aceitunas das variedades Arbequina (60%) e Picual (40%).

O emprego da técnica do muxido con recolleita temperá, así coma a molturación no mesmo día da recolleita con prensado en frío garanten un aceite de oliva da máxima calidade.

Ademais, o produto elaborado por Novoa Natura asegura que o aceite conserve tódalas súas propiedades antioxidantes, vitaminas e nutrientes. Un produto saudable, cun gusto e calidade excepcionais.

Para a elaboración do AVOE de Novoa Natura a aceituna recóllese a man, sen que toque o chan e con prensado en frío. Esta técnica implica que o volume de produción ha de ser reducido, pero garante a obtención dun produto da máxima calidade.

Trátase dun aceite de oliva potente, cun alto contido en ácido oleico, o que o fai moi estable. Sen dúbida, o AVOE de Novoa Natura é un produto do máis alto nivel cheo de matices.