Ouro de Quiroga
Ouro de Quiroga é unha das poucas marcas de aceite de oliva de Galicia que elabora un AOVE exclusivamente a partires das variedades de aceituna autóctona de Galicia, a Brava e a Mansa galegas.
Extraen o aceite na súa propia almazara, en Quiroga, ó sur da provincia de Lugo, unha das zonas de Galicia de meirande tradición na elaboración de aceite de oliva.
O aceite de Ouro de Quiroga prodúcese unicamente con aceitunas das súas oliveiras en Quiroga e Ribas de Sil, a meirande parte delas centenarias, nun lugar no que xa os romanos elaboraban aceite de oliva.
Comercializan dúas liñas de AOVE coa marca Ouro de Quiroga, unha delas de aceite plurivarietal na que se combinan as variedades autóctonas (60%) con aceituna Picual (25%) e Arbequina (15%). A súa outra liña é de aceite 100% autóctono, no que se empregan unicamente aceitunas de Brava e Mansa, as dúas especies de aceituna galega catalogadas polo CSIC.
Ámbolos dous aceites son de calidade excepcional, pois se extraen no mesmo día da recolleita a través de procedementos mecánicos exclusivamente e cun primeiro prensado en frío.
Deste xeito, Ouro de Quiroga é un aceite de oliva virxe extra que conserva tódalas súas propiedades naturais e un alto contido en polifenois.