Pazo do Rego
O Pazo do Rego é unha construción tradicional do século XVIII na ribeira do río Barbantiño, en pleno Camiño de Santiago, onde se elabora un dos mellores aceites de oliva de Galicia.
Trátase dunha pequena empresa familiar, que coida das súas oliveiras e desenvolve o proceso de elaboración do seu propio aceite de oliva de principio a fin, do coidado das súas arbores ata a túa mesa, poñendo toda a súa enerxía para ofrecer un produto de calidade Premium.
O AOVE de Pazo do Rego elabórase a partires de aceituna recollidas a man nos primeiros días da campaña nas oliveiras que poboan a finca na que se atopa o pazo que da nome ó seu extraordinario produto.
O aceite de oliva Rego é un produto 100% elaborado a partires de aceitunas de Galicia, que se procesa en frío co emprego de procedementos mecánicos unicamente. Así, a produción do AOVE Rego garante a máxima calidade.
O aceite de oliva virxe extra de Pazo do Rego é de produción limitado e elaborase a partires de aceitunas seleccionadas das variedades arbequina, empeltre, picual e cobrancosa.
O AOVE de Pazo do Rego preséntase nas modalidades de Arbequina e Coupage, ámbalas dúas dunha altísima calidade e dunha grande pureza e gusto. Un produto deste nivel só se obtén a través dun premido en frío inmediatamente despois da recolleita na propia almazara do pazo.
Chama a atención o lobo que aparece no aceite de oliva Pazo do Rego. Se visita-lo pazo verás que no grande frontispicio da porta de entrada represéntase o escudo heráldico que contén cinco cabezas de lobo. Todo un símbolo que Pazo do Rego adoptou como o seu emblema.