AOVE Abril Colleita Propia
Este aceite de oliva virxe extra elabórase exclusivamente con aceitunas cultivadas no territorio galego. Un coupage con diversas variedades de aceituna, recoleción temperá e premido en frío que lle dan un carácter premium que se nota segundo entra na boca.
Caracterízase por unha cor dourada intensa en un entrada en boca suave. Amargor e picor moderados e equilibrados, con retrogusto a froitos secos. Ten un froitado moi intenso, con interesantes notas a mazá e plátano, con grande personalidade e corpo.
En canto ás súas cualidades naturais, o envero mantén intactas tódalas súas propiedades organolépticas, cun elevado índice de antioxidantes.
O aceite de oliva virxe extra Abril Colleita Propia elabórase a partires das aceitunas de decenas de pequenos produtores de Galicia e nace de máis de 10 anos de investigación nos olivares galegos.
Unha aposta para mellorar a rendibilidade das producións, respectando as particulariedades e a sustentabilidade de cada territorio.