A oliveira chegou a Galicia durante a romanización da Península Ibérica, no século I. No que os romanos chamaron Gallaecia atoparon un clima idóneo para o cultivo da aceituna, un produto vital para eles, pois non só o empregaban na cociña, senon tamén coma combustible e coma base para elaborar ungüentos.
A extracción do aceite de oliva xa a practicaban os gregos e os fenicios, pero é en Roma onde a súa produción se amplía enormemente, popularizando o seu consumo entre tódalas clases sociais. Esta incipiente industria do aceite atopa en Galicia un terreo óptimo para a produción de aceites de grande calidade cos que abastece-las provincias máis occidentais do Imperio.
Cando se fala de aceite de oliva Premium faise referencia a aqueles aceites de oliva virxe extra da máxima calidade, con unhas características fora do común.
Ler máisSe te desfás do aceite usado tirándoo polo fregadeiro debes saber que non é unha boa idea, por varios motivos.
Ler máisHai moitos modelos distintos de envase nos que vas atopar o aceite de oliva, cada un cunhas características.
Ler máis